Aqui tedes este mapa conceptual onde se pode ver dun só golpe de vista o instrumental máis común na Idade Media. Clicando nos instrumentos, poderedes ver unha imaxe así como un video dos mesmos.
venres, 4 de xullo de 2014
sábado, 28 de xuño de 2014
A Música no Renacemento
Sen dúbida algunha, o Renacemento foi unha gran época para a música e todo o arte en xeral. Nesta presentación de Google Slides tedes información sobre o tipo de música, xéneros musicais e instrumentos, que se tocaban naquel entón.
Branle
Arranxo para dúo de frautas doces do Branle de Claude Gervaise. O Branle é unha danza renacentista de orixe francés que, aínda que existen moitos tipos, adoita bailarse en círculo. Tamén pode bailarse por parellas. A música escríbese en 2/4 ou 4/4.
Gavota
Unha peza renacentista de Michael Praetorius (1571-1621). A Gavota é unha danza popular francesa que se escrebe en compás de 4/4 ou 2/4.
A Música na Idade Media
Aquí tedes unha presentación feita co Google Slides sobre a música na Idade Media. Fotos, vídeos, audicións e máis cousas de interese para os alumnos do 3º ciclo.
venres, 27 de xuño de 2014
Cantiga "Santa María strela do día"
Esta é a Cantiga nº 100 "Santa María Strela do día" da colección de cantigas de Santa María recopiladas, e algunhas compostas, polo rei castelán Alfonso X "O Sabio", no século XIII.
Neste vídeo tes a Cantiga cantada por un coro de nenos.
Ay linda amiga
Unha fermosísima peza popular renacentista adaptada para frauta doce. Está sacada do "Cancionero de Palacio", obra manuscrita española que contén a música que se tocaba a finais do século XV e principios do XVI. Coincide co reinado dos Reis Católicos.
Aquí temos a versión orixinal, para coro de voces.
E para que escoites o acompañamento mentres tocas a frauta. . . .
Escoita a versión de Cappella Antiqua de Cantabria.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)